
-
MUSEO PROVINCIAL DO MAR (SAN CIPRIÁN)
-
7º 26' 30,80''W
43º 41' 44,23''N
HORARIO
Inverno:
Martes a sábado: 11:00-14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Domingos e festivos: 11:00-14:00 h
Verán:
Martes a sábado: 11:00-14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Domingos e festivos: 11:00-14:00 h
Entrada: Tarifa gratuíta
Tipo de acceso: Libre/guiada
Enderezo
Avda da Mariña nº 25
27890 San Ciprián
Tlf : 982 59 45 72
Correo electrónico: museodomar@museolugo.org
San Ciprián é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a novos mundos. Mundos descoñecidos, cheos de historias para seren contadas.
O noso Museo do Mar garda o reflexo da memoria do seu pobo, e é, sen dúbida, o seu mellor narrador. Estamos ante o museo do mar público máis antigo de Galicia e o máis accesible.
Por iso, o Museo do Mar de San Ciprián quere chegar a ser un modelo de museo accesible, adaptado, didáctico, aberto a todos os sentidos, inclusivo e con plena atención á diversidade, capaz de eliminar todas as barreiras de comunicación cos seus visitantes. Queremos facer del un museo social, interactivo e dinámico, un museo do futuro, vivo e humano.
SECCIÓNS:
O museo distribúe os seus contidos en catro salas e sete seccións temáticas.
ENTRADA E SALA 1:
- 0. A ESCOLA: Un museo de todos, para todos. O LATEXO DO MUSEO: motor do barco e arquivo fotográfico.
SALA 2:
- 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIPRIÁN.
- 2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUÍDOS EN SAN CIPRIÁN.
- 3. A ARTE DE MAREAR: BUSCANDO O NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica.
SALA 3:
- 4. OS OFICIOS DO MAR.
- 5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIPRIÁN: ARTES E APARELLOS DE PESCA.
- 6. A VIDA MARIÑA, ALGO MÁIS QUE PEIXES.
SALA 4:
- 7. OS CAZADORES DE BALEAS.
NO EXTERIOR: sitúanse as pezas máis grandese pesadas do Museo: Dous cañóns, un pertencente ó destacamento militar de San Ciprían e o outro pertencente a unha nave inglesa canoneada nestas costas. Tamén se expoñen vellas áncoras, hélices de naves afundidas en accidentes ou batallas.
ACTIVIDADES
Durante todo o ano, o Museo Provincial del Mar de San Ciprián ofrece un amplo programa de actividades, especialmente dirixidas aos escolares:
- A caza das baleas ( Educación Infantil 1º e 2º de Primaria)
- Identificando baleas no Museo ( 3º e 4º de Primaria)
- En Busca do Obxecto Misterioso ( 5º e 6º de Primaria)
- Pescando Polo Museo ( 1º e 2º de ESO)
- En Busca do Barco Misterioso ( 3º e 4º de ESO)
Desenrólase no Museo Provincial del Mar de San Ciprían a Revista Oral denominada "A VOZ DOS CARRAOS". Leva este nome pola ave típica da Mariña e por ser o alcume polo que son coñecidos os habitantes de San Ciprían. Téñense editado varios números e debemos destacar que se trata de recuperar a cultura oral da zona, co obxetivo de ser un foro de actualidade, de opinión e de debate.
-
MUSEO HISTÓRICO DE SARGADELOS
-
7º 24' 17,09''W
43º 39' 39,74''N
Situado na "Casa da Administración" do antigo complexo fabril, o museo conta cun fondo permanente que funciona como centro de interpretación das labores realizadas na fábrica, repasando a historia e o patrimonio relacionado con Sargadelos. No seu interior descubrimos pezas únicas.
Horario : De martes a sábados de 10:30 h a 14.00 h e de 16:00 a 19:00 h
Entrada: Gratuíta
Enderezo
As Fábricas s/n
27891 Sargadelos
Teléfono
982 55 79 05/FAX 982 557 922
Correo electrónico: patronato.sargadelos@xunta.es
-
GALERÍA DE SARGADELOS
-
7º 24' 10,89''W
43º 39' 59,07''N
Esta galería atópase na mesma fábrica de Sargadelos. A través dela pódese acceder tamén ás diferentes salas de exposicións.
Enderezo: Paraño, s/n; 27891 Cervo (Lugo)
Teléfonos: 982 557 841 (fábrica)/ 982 557 686 (tenda)
Fax: 982557804
Correo: sargadelos@sargadelos.com (fábrica)/ galeriacervo@sargadelos.com (tenda)
Web: www.sargadelos.com
Horario:
Luns a venres de 09:30 a 14:00 e 15:00 a 19:30 h
Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 h
Horario de verán:
Luns a venres de 09:00 a 20:00 h.
Sábados, domingos e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Visita gratuíta á fábrica de Cervo:
Luns a venres (agás festivos): 08:30-14:30