
"OS CORVOS MARIÑOS"
Autor: Juan Puchades Quili.
Inauguración: 7 de maio de 1995
Trátase dunha fonte situada no parque Reina Sofía, practicamente na beira da desembocadura do Río Covo. Nela, aparecen entre as rochas unhas aves propias da fauna mariña da nosa costa cantábrica.
En realidade, o artista quixo facer un canto á natureza ao utilizar de forma abusiva o cemento, cando o máis lóxico era copiar as rochas próximas a San Ciprián, que conforman as illas nas que se atopa o hábitat dos corvos mariños.
“A VOLTA AO FOGAR”.
Autor: Hipólito Xeada
Inauguración: 16 de maio de 2007
Este é un monumento dedicado a un feito de enorme importancia en Galicia, como é o regreso a casa do mariñeiro, situación moi propia do século XX no que, tal e como describen todos os autores, o traballo no mar era outro xeito de emigración no noso pobo.
todos los autores, el trabajo en el mar era otra manera de emigración en nuestro pueblo.
“SIETE MARES".
Autor: Quique Guerra.
Obra conceptual, orientada ás luces do poñente, onde a pedra do monolito representa o abrupto mar, e cada unha das cerámicas orixinais queren mostrar as ondas nun espectáculo que se transforma dende o azul celeste ao verde pasando polas diferentes tonalidades da auga do mar.
“SEN TÍTULO”
Autor: Daniel Caxigueiro.
Inauguración: 14 de xullo de 2008
As carpinterías de ribeira son a inspiración do artista. Por iso, a orientación da obra é a do esqueleto dun barco que está na fase de creación por parte dos antigos artesáns que estiveron instalados na ría de San Ciprián, onde se atopaba asentado o porto das Reais Fábricas de Sargadelos.
A MARUXAINA
AUTOR: Ánxel Cao Quelle
Inauguración: 11 de agosto de 2006
Máis información: www.amigosdamaruxaina.com/galego/estatuas_penamea.php
ÁS XENTES DO MAR
AUTOR: Ánxel Cao Quelle
Inauguración: 10 de agosto de 2007
25º ANIVERSARIO DA MARUXAINA
AUTOR: Ánxel Cao Quelle
Inauguración: 20 de xuño de 2010
LEMBRANZA A PURO CORA PARADELA (1941-1993)
Autor: Daniel Caxigueiro.
Inauguración: 26 de abril de 2011
Esta peza foi elaborada en recoñecemento ao labor da familia De Cora, que cedeu de forma gratuíta os terreos onde hoxe se sitúa a obra, e onde existe un paseo que pode ser gozado por todos os veciños e visitantes de San Ciprián.
A obra está formada por tres libros en bronce, nos que se pode ler o nome de Puro Cora, situados sobre rochas xunto á ría de Lieiro. Esa sinxeleza foi moi valorada polos presentes e polo propio artista. A obra está encadrada nunha paraxe na que se unifican as tres grandes paixóns de Cora: a natureza, o mar e a literatura.
A obra de Caxigueiro en Lieiro compleméntase con tres puntos suspensivos en branco que se poden ver no céspede xunto ás rochas onde se levanta a escultura. Eses puntos serven para chamar a atención dos viandantes, en primeiro lugar, e para recordar eses tres elementos fundamentais en Puro Cora xa mencionados.
MONUMENTO Á ARMADA - MINA DA II GUERRA MUNDIAL-
Inauguración: Ano 1967.
Vinte anos despois da Segunda Guerra Mundial e coincidindo coas mareas grandes de decembro do 65, chega a San Ciprián esta mina submarina.
Este artefacto bélico, que estivo earremetendo contra as pedras da Anxuela, consegue entrar na Concha e continúa pola ría ata a ponte da estrada de Lieiro, onde chegou a bater.
Estivo moito tempo navegando pola Concha dun lado para outro golpeándose contra as pedras. Neste sentido hai que ter en conta que naquela época aínda non estaba construído o muro actual da Anxuela, polo que as ondas eran maiores e, en consecuencia, os impactos eran máis violentos.
O que ninguén sospeitaba era que esta mina estivese cargada, sobre todo despois de que non chegara a estourar a pesar das continuas batidas.
Cando se deu parte ás autoridades da Mariña de Guerra, os especialistas encargados de desactivala descubriron que aquel artefacto puido ter estourado en calquera momento.
A Confraría de Pescadores, órgano con máis representatividade da vila por aquel entonces, toma a decisión de que a mina permaneza na vila formando parte dun monumento de agradecemento á Armada, que dende 1967 forma parte da Praia do Torno e, asentado nas penas do Mirarmar, lembra aos paseantes a sorte que tivo a localidade.
"HOMENAXE ÁS NOSAS MULLERES"
Autor: Telmo Cao Farré.
Inauguración: 8 de Marzo 2015.
É unha escultura inspirada nas mulleres e adicada a elas, que representa a unha costureira. A obra, inaugurada o Día Internacional da Muller, foi financiada polo colectivo Mulleres en Igualdade de San Ciprián, e doada por elas ao Concello de Cervo. Con esta escultura preténdese render homenaxe á muller non só durante un día, senón durante os 360 días que ten o ano.