Igrexa de Santa María de Cervo Igrexa de Santa María de Cervo

43º 40' 10.32''N

7º 24' 37.97''W

 

 

En Cervo pódese visitar a igrexa de Santa María, de traza barroca, na que destaca a súa arquitectura interior de doce arcos, de perfecta harmonía e proporción. Ao entrar, á dereita, a súa pía bautismal de trazado medieval e de difícil datación, con cruces e vieiras singulares; o retablo maior do século XX, pero de José Rivas, un recoñecido tallista dese tempo. Á dereita o altar da saúde, do século XIII, con imaxes singulares, entre as que destaca unha Santa Bárbara (s.  XVI), de excelente calidade e de sorriso clásico. Na parede, unha lápida sepulcral do fundador desa capela. Á esquerda do altar maior, a Virxe das Dores, adquirida no século XVII e levada a Cervo en carros de bois dende Mondoñedo; destaca a súa altura e boa traza.

Sinalar que antigamente foi igrexa refuxio, xa que a estancia no recinto eclesiástico implicaba a xurisdición e protección da Igrexa, quedando libre de ser xulgado ou apresado por outra instancia.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa