Fontes e Manantiais Fontes e Manantiais
Manantais Manantais

Un manancial é unha fonte natural de auga que emerxe da terra ou entre as rochas. Pode ser permanente ou temporal. Orixínase na filtración de auga, de choiva ou de neve, que penetra nun área e mana noutra de menor altitude, onde a agua non está confinada nun conduto impermeable. Adoitan ser abundantes en relieves kársticos. Dependendo da frecuencia da orixe (caída de choiva ou neve derretida que infiltra a terra), un manancial pode ser efímero (intermitente), perenne (continuo), ou artesiano.

O Concello de Cervo é un municipio que conta con numerosos mananciais ao longo de toda a súa xeografía, e principalmente nas súas zonas interiores.

Trasbar, na parroquia de Castelo, é un dos paraxes que conta con máis mananciais, algún deles incluso descoñecidos polos seus veciños ou de difícil acceso.

Manancial en Trasbar

Os pozos artesianos son mananciais artificiais, provocados polo home mediante unha perforación a grande profundidade e na que a presión da auga é tal que a fai emerxer na superficie.

O seu nome xurdiu en Artois, Francia, onde en 1126 perforouse o máis antigo de Europa. Moitos séculos antes xa se escavaban en Siria e Exipto. No deserto do Sáhara usábanse para alimentar os oasis.

Polo tanto, chámase así o burato que se escava na terra ou na rocha ata dar coa auga contida a presión entre as capas subterráneas, para que esta atope saída e suba de nivel de maneira natural. É frecuente que a forza hidráulica sexa tal que a auga supere os bordes e chegue incluso a formar grandes mananciais.

O rendemento dun pozo artesiano non depende do seu tamaño senón do lugar onde se atope, o que segue sendo a clave da súa construción, na que se empregan cálculos e métodos tradicionais.

A maior parte destes pozos atópanse nas zonas interiores da nosa xeografía municipal, sendo todos eles de carácter privado. A súa configuración adoita ser cilíndrica ou cadrada, e algún deles son verdadeiras obras de arte.

Pozo artesiano en Viladesuso

Pozo artesiano en Castelo

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa