Festas Gastronómicas Festas Gastronómicas
FESTA DO OURIZO (INTERESE TURÍSTICO GALEGO)
LUGAR: San Ciprián
DATA: Marzo (día variable)

O ourizo é un produto do mar de recoñecido prestixio polo seu intenso e exquisito sabor e polo seu extraordinario valor culinario. Por estas razóns, así como pola forte tradición de consumo, ano tras ano celébrase unha xornada gastronómica dedicada a este apreciado equinodermo. Na festa participan a maior parte dos establecementos hostaleiros da vila (bares e restaurantes), que preparan o ourizo en diferentes receitas: croquetas, empanada, tortilla, ao natural, cocidos, 'pudin' e outras moitas especialidades, buscando ano tras ano combinar as variedades tradicionais coa innovación. 
 

 

FESTA DO MEXILLÓN
LUGAR: San Ciprián
DATA: Semana Santa
Cada sábado de Semana Santa celébrase a Festa do Mexillón, na que se pode degustar este marisco preparado de diferentes xeitos: cocidos, en salsa mariñeira, en salsa picante, recheos, á vinagreta, en tortilla, croquetas, pementos recheos de mexillón, en pizza, etc. A degustación pode realizarse en diferentes establecementos da zona, e adoita estar amenizada coa actuación de grupos folclóricos locais.  

 

FESTA DA FABA
LUGAR: Cervo
DATA: Abril 
A mediados de abril celébrase a Festa da Faba na Praza do Souto de Cervo. A degustación da fabada comeza cerca das 20:00 horas  na carpa instalada para a ocasión na praza. Posteriormente ten lugar unha verbena. 

 

EXALTACIÓN DA CARNE DO PORCO
LUGAR :Cervo
DATA : Abril 
A mediados do mes de abril ten lugar na Praza do Souto de Cervo a degustación da carne de porco.

 

FESTA DO OVO FRITO
LUGAR:Cervo
DATA: Agosto
A mediados de agosto, no marco das festas patronais celébrase a Festa do Ovo Frito, na que se pode degustar este prato na Praza do Souto.

  

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa