
- Introdución
- A Delegación de Xuventude ten como obxetivo prioritario os rapaces e rapazas do noso concello. A información, asesoramento e orientación de tódolos temas de interese para a mocidade convértese en algo básico e fundamental.
- Obxectivos
- No que a obxectivos se refire neste apartado podes consultar tanto os obxectivos xerais como os específicos fixados pola Oficina Municipal de Información a Xuventude de Cervo, que ten as súas dependencias na Casa da Cultura de San Ciprián. Por outra banda, tamen podes visualizar os temas máis demandados polos xovenes do noso concello.
- Xerais
- Enumeramos os obxectivos xerais fixados pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cervo. As actividades de información e asesoramento que se levan a cabo dende a Omix teñen como función primordial, acercar e informar ós mozos e mozas, sobre todo a daqueles aspectos necesarios para saber traballar e funcionar na sociedade, a través dun servizo próximo ó cidadán
- Específicos
- Podes ver os obxectivos específicos de xuventude, entre os que se poden atopar a dinamización do tempo libre ou favorecer a inserción no mundo laboral.
- Metodoloxía
- Emprégase unha metodoloxía activa, que é esencial para acadar os obxectivos propostos e baseados na dinamización e implicación na vida social da comunidade, principalmente no eido xuvenil.
- Novas
- Neste bloque xunto coa páxina de Xuventude que temos en facebook poderás consultar tódalas novas que afecten a xuventude do noso concello. Unha das diferenzas respecto ó portal de facebook é que neste espazo solo poderás ver as novas municipais relacionadas coa xuventude.
- Facebook de Xuventude
- Consulta todalas novas que poden resultar de especial interese para a xuventude a través da páxina que temos na rede social de Facebook, entre outras cousas tamén poderás visualizar todo tipo de programas e ofertas que afecten á xuventude tanto a nivel autonómico, estatal ou internacional.¡ Hai moitas cousas que ainda non coñeces ¡, ¡ Forma parte dela xa , agardamos por ti ¡