

Atención primaria
Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación do Concello de Cervo e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía, regulados segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de Atención Primaria.
Maiores
O Programa ten como finalidade garantir elevados mínimos de calidade de vida ás persoas maiores do municipio de Cervo, promovendo entre elas a igualdade no acceso aos recursos e medidas de política social e atendendo e previndo as súas necesidades e problemas sociais.
Dependencia
A protección das persoas en situación de dependencia, un colectivo de poboación cada vez máis importante por mor dos cambios demográficos e sociais, converteuse nun reto ineludible para o nosos municipio, e o desenvolvemento de políticas para a promoción da autonomía persoal converteuse nunha das prioridades en materia de política social para o Concello de Cervo.
Discapacidade
O Programa ten como finalidade garantir elevados mínimos de calidade de vida ás persoas con discapacidade do municipio de Cervo, promovendo entre elas a igualdade no acceso aos recursos e medidas de política social e atendendo e previndo as súas necesidades e problemas sociais.
Drogodependencias
O propósito dete programa é que calquera persoa ou colectivo social do municipio poida contar coa axuda dun profesional que lle oriente, derive ou asesore especificamente acerca de todo o relacionado co fenómeno das drogopendencias.
Migracións
Os procesos de acollida da poboación inmigrante adquiren unha importancia relevante no eido da administración local, por ser esta a que está máis preto da cidadanía. Nela, detéctanse as principais necesidades e demandas da poboación retornada e inmigrante e, en consecuencia, desenvólvense os primeiros procesos de acollida, información, orientación, atención e integración deste colectivo.
Familia e infancia
O Programa ten como finalidade garantir un mínimo de calidade de vida á infancia, adolescencia e mocidade do municipio de Cervo, promovendo a igualdade no acceso aos recursos e medidas de política social e atendendo e previndo as necesidades e problemas sociais destes colectivos.
Mulleres
O Programa ten por finalidade o desenvolvemento de actuacións co obxectivo de promover e favorecer a igualdade de oportunidades das mulleres no acceso aos recursos e medidas de política social. Para lograr o obxectivo sinalado articuláronse diversas accións dirixidas a favorecer que as mulleres que presentan dificultades para a plena incorporación social no municipio reciban o apoio e atención necesarios en función da súa situación.
Inclusión Social
O Banco Mundial define a inclusión social como "o proceso que garante que as persoas en risco de caer na pobreza e a exclusión social dispoñan das oportunidades e os recursos necesarios para participar plenamente na vida económica, social e cultural e para gozar dun nivel de vida e benestar considerado normal na sociedade na que viven".
Programas do Departamento Municipal
Conxunto de actividades, prestacións e equipamentos que teñen por obxecto a prevención, tratamento ou eliminación (no seu caso) das causas que impiden ou dificultan o pleno desenvolvemento dos individuos ou dos grupos no seu ámbito comunitario.
Programas de información, orientación e asesoramento
É a entrada fundamental dos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos. A través deste programa, os cidadáns e grupos do concello reciben unha axeitada información e asesoramento sobre os seus dereitos e os recursos sociais aos que poden acceder no seu marco territorial ou extraterritorial, ao mesmo tempo que reciben apoio técnico en canto á solución das situacións que se presenten.
Programa de axuda no fogar
O servizo de axuda no fogar busca prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomia persoal ou nos casos de desestructuración familiar.
Programa de emerxencia socialO Programa de Emerxencia Social pretende dar resposta ás necesidades básicas para a supervivencia persoal e de mantemento da convivencia, así como paliar as situacións de necesidade que levarían aos individuos á marxinación social.
Programa de apoio a colectivos con necesidades específicas
Este programa engloba diferentes actividades que busca un obxectivo común, como é ocupar o tempo de lecer dunha forma eficiente, na que se involucren valores de participación e integración social. Está dirixido ao colectivo de persoas maiores do Concello de Cervo, proporcionándolles a posibilidade de compartir experiencias e adquirir novos coñecementos, fomentando así as relacións interpersoais.
Programa de animación comunitariaEste programa de animación comunitaria está dirixido a toda a poboación do Concello de Cervo e consta de diferentes actividades que teñen a finalidade de mellorar o benestar social da poboación en xeral. Os obradoiros e actividades deste programa inclúen actuacións que se basean en carencias socioculturais da poboación, ocupando así o seu tempo de lecer de forma eficiente no que se inculquen valores de participación e integración social.
Novas
Entra aquí e coñece a actualidade dos Servizos Sociais do noso concello, consulta as actividades, eventos,novas, programacións e ofertas en Servicios Sociais deseñadas para todos vos.