Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO XEOLOCALIZA E CARTOGRAFÍA TODOS OS CONTEDORES INSTALADOS NO MUNICIPIO PARA OPTIMIZAR RECURSOS E FACER MÁIS EFICIENTE O SERVIZO

Este traballo permite levar unha contabilidade exhaustiva dos colectores, detectar deficiencias, e axilizar a reposición e a instalación dos recipientes 

  • A administración cervense é a única en Galicia cunha xestión pública do servizo de recollida de lixo

O Concello de Cervo está a realizar estes días un minucioso traballo de xeolocalización e cartografado de todos os contedores instalados no municipio, por categorías, “a fin de levar optimizar ao máximo os recursos e facer máis eficiente este servizo municipal”, tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares.

Este labor, que podemos realizar grazas a aposta do Concello de Cervo pola xestión pública do servizo de recollida de lixo –entre outros servizos- “permítenos detectar deficiencias e axilizar a reposición e/ou instalación dos colectores en función das necesidades”.

Nestes intres hai contabilizados e sinalizados sobre plano 545 colectores verdes (de materia orgánica e fracción resto), 179 amarelos (envases, latas, briks..), 44 azuis  (papel), 12 vermellos (aceite), 45 de vidro e 2 de roupa. 

Estes últimos días xa se substituíron catro colectores de vidro, instaláronse catro novos de papel e  reemprazáronse 2 dos amarelos, un deles no CEIP de Cervo.

Villares puxo en valor este importante traballo que se está a realizar desde a delegación de Medio Ambiente a través dos técnicos municipais, e que está apoiado nas novas tecnoloxías, “que nos facilitan poder documentar e dixitalizar, neste caso,  o conxunto da rede de recollida selectiva do Concello de Cervo, permitíndonnos ser moito máis operativos, prácticos e eficientes”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa