Facenda
« Atrás

VILLARES: "A ELIMINACIÓN DA REGRA DE GASTO É UNHA VELLA DEMANDA DO MUNICIPALISMO PORQUE PREXUDICA ÁS ENTIDADES LOCAIS CUNHA SITUACIÓN FINANCIEIRA SANEADA"

A pesar de que todas as magnitudes económicas son claramente positivas, o Concello de Cervo tivo que aprobar un Plan Económico Financeiro por incumprir a Regra de Gasto

  • O rexedor entende que as declaracións do PSOE responden a unha autocrítica “tendo en conta que hai institucións, como por exemplo a Deputación provincial, que se atopan na mesma situación”
  • O Concello de Cervo tivo que aprobar en pleno un Plan Económico Financeiro para os exercicios 2019 e 2020 por incumprimento da regra de gasto, “unha magnitude financeira que resulta incoherente para municipios como o noso, que presenta unhas contas totalmente saneadas e con superávit”, precisou o rexedor, Alfonso Villares.

Villares recordou que a eliminación da regra de gasto é unha vella demanda do municipalismo. De feito, na sesión ordinaria celebrada pola Comisión Executiva da Fegamp, que preside o PSOE, do 5 de abril do 2017, con representación e apoio de todos os grupos políticos (BNG, PSOE, MAREAS, PP); “chegouse ao acordo de pedir a revisión desta Lei; xa que se estima que é inxusta, porque se deberían tomar en consideración as distintas situacións financeiras nas que se atopan os concellos”. Na acta recóllese textualmente:

 

Como cuestión xeral deberíase revisar a formulación das regras fiscais (estabilidade, sustentabilidade, regra de gasto, etc) que deberían tomar en consideración as distintas situacións en que se poden atopar as Entidades Locais. Particularmente a regra de gasto só debería resultar de aplicación cando concorrese un incumprimento dalgunha das restantes.

 

 

Realmente, e as cifras así o reflicten claramente, o Concello de Cervo, dada a súa situación económica, non precisaría de ningunha ferramenta de axuste como pode ser este plan financeiro, que estamos na obriga de aplicar polo que marca a  Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera

O rexedor cervense entende a este respecto que as declaracións do PSOE, “responden a unha autocrítica, porque hai institucións, como  por exemplo a Deputación provincial que gobernan, que tamén incumpren a regra de gasto”.

De todos os xeitos, este incumprimento ten un carácter meramente conxuntural, e non require máis que a posta de manifesto das causas que puideron levar a esta situación por medio deste plan financeiro.

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa