Facenda
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REMATA POR PRIMEIRA VEZ UN EXERCICIO CUNHA DÉBEDA BANCARIA INFERIOR AO MILLÓN DE EUROS

Tal e como precisou Villares “xa poderiamos ter amortizados os préstamos, pero ao non ter que pagar practicamente xuros polas xestións de renegociación da débeda do Goberno actual -chegando a pagar 110 euros no ano 2018- optamos por investir estes cartos en  proxectos e servizos fundamentais para a veciñanza”

  •  
  • A porcentaxe de débeda viva que se situaba no 1999 no 151%, será do 10% a finais do ano que entra

O Concello de Cervo remata o ano cunha débeda bancaria que, por primeira vez, está por debaixo do millón de euros, concretamente sitúase en 937.723,73 euros, entre os dous préstamos en vigor.

Así o explicou hoxe o rexedor, Alfonso Villares, que aclarou que “xa poderiamos ter amortizados estes créditos, pero como un deles non xera xuros e o outro apenas –pagáronse 110 euros no ano 2018-, optamos por destinar estes cartos a materializar proxectos e mellorar servizos fundamentais para a veciñanza, como as redes de saneamento ou abastecemento de auga”.

Villares precisou que “grazas a unha política financieira seria e responsable, hoxe temos unha contas públicas saneadas e cumprimos cos requisitos da facenda pública que nos eximen da obriga de ter que amortizar as nosas débedas co superávit orzamentario”.

O alcalde destacou, así mesmo, a importante redución da porcentaxe da débeda viva –resultado de dividir a débeda bancaria entre os recursos do Concello- que se situaba no 1999 no 151%, que é do 14,3% ao remate deste ano e a previsión é que rolde o 10% a 31 de decembro de 2019.

O importe dos préstamos solicitados no ano 1999 foi de 3,7 millóns de euros e rematarase o 2019 cunha débeda de 671.562 euros.

Villares apuntou que desde o Concello somos moi conscientes de que unha boa xestión financieira é clave para poder levar a cabo investimentos e proxectos que consideramos importantes para Cervo, por iso traballamos de forma rigorosa para destinar cada vez máis recursos a esas áreas que consideramos tamén prioritarias como son o emprego, a educación ou os Servizos Sociais.

O Concello de Cervo xa ten redactado o orzamento para o ano 2019 que ascende a 7.115.000 euros. Destaca a partida de investimentos reais, por exemplo, que “incrementamos en case 120.000 euros, superando así o millón de euros, o que refrenda a aposta deste Goberno pola mellora dos servizos que se prestan tanto nas zonas urbanas como no  rural”, sentenciou Villares.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa