Facenda
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INCREMENTA EN CASE 120.000 EUROS A PARTIDA ORZAMENTARIA DIRIXIDA AOS INVESTIMENTOS REAIS, QUE SUPERA O MILLÓN DE EUROS

                     

  • O rexedor, Alfonso Villares, informou hoxe de que xa foron redactados os orzamentos do ano 2019 que ascenden a 7.115.000 euros

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou hoxe de que xa foron redactados os orzamentos previstos para o ano 2019 e de que xa foi convocada a mesa de negociación en días pasados, paso previo para o seu debate no pleno municipal.

O rexedor precisou que o orzamento ascende a 7.115.000 euros, e destacou a partida de investimentos reais, por exemplo, que incrementamos en case 120.000 euros, superando así o millón de euros, o que refrenda a aposta deste Goberno pola mellora dos servizos que se prestan tanto nas zonas urbanas como no  rural, “porque a nosa intención é seguir esa liña que vimos marcando nestes últimos anos co fin de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, investindo naquelas infraestruturas esenciais que moitas veces non se ven, como as melloras na rede de abastecemento ou o achegarmento do saneamento aos núcleos rurais; dotándoos de servizos de calidade para os seus habitantes, e coas que tamén tentamos favorecer o asentamento de nova poboación nas nosas aldeas”. Ademais esta partida tamén contempla melloras importantes en infraestruturas en todo o termo municipal.

Seguimos así mesmo –engadiu- apostando pola dinamización e activación social no noso municipio, ofrecendo axudas directas ás diferentes asociacións e clubs do municipio, e diriximos unha aportación importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación –con axudas que volvemos dispoñer para o transporte do alumnado, para as familias, para os centros educativos e as ANPAS-, a cultura, o deporte –tanto para o mantemento das nosas instalacións como para axudas ás entidades-, os servizos sociais –cunha importante partida tanto para a súa xestión directa como para a colaboración con diferentes organizacións- ou mesmo o turismo, no noso municipio.

Villares apuntou que se trata duns orzamentos serios, responsables, que son os que precisa Cervo e que redactamos co obxectivo de “proseguir ese camiño investidor que vimos marcando dende vai anos, prestando especial atención a dar resposta ás necesidades e demandas dos nosos veciños”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa