Facenda
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PRESENTA UNHA CONTA XERAL CON TODAS AS MAGNITUDES FINANCEIRAS EN POSITIVO

O resultado orzamentario axustado é de 453.488 euros, a capacidade de financiamento está en 1.219.714 euros, o remanente de tesourería para gastos xerais é de 3.158.300 euros; e cúmprese coa regra de gasto

  • Son cifras que reflexan unhas arcas municipais saneadas, froito dunha política de inversión responsable
  • Esta estabilidade financeira permite sufragar obras de envergadura como a da mellora da Praza do Souto, en Cervo, ou a actuación integral na rúa Concepción Arenal, en San Ciprián, cun investimento que supera os 500.000 euros

O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, afondou no día de hoxe no resultado da Conta Xeral de 2017, que foi aprobada no último pleno municipal, cos votos a favor do Partido Popular, e a abstención do PSOE e o BNG.

Villares destacou o signo positivo de todas as magnitudes financieiras “o que reflexa unhas arcas municipais saneadas, froito dunha política de inversión seria e responsable”.

O rexedor desagregou os datos puntualizando que o resultado orzamentario axustado é de 453.488,94 euros, a capacidade de financiamento está en 1.219.714,47 euros, o remanente de tesourería para gastos xerais é de 3.158.300,50 euros; e ademais o Concello de Cervo presenta unha liquidación do exercicio 2017 no que se cumpre coa regla de gasto establecida na Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financieira.

Villares precisou que esta estabilidade financieira é a que nos permite sufragar actuacións que imos acometer nos vindeiros meses, e que xa foron adxudicadas, como a mellora da Praza do Souto en Cervo ou a actuación integral na rúa Concepción Arenal, no centro urbano de San Ciprián, cun investimento que supera os 500.000 euros grazas á situación de superávit que presentaron as contas do ano 2017.

Esta solidez financieira tamén nos permite atender as necesidades da nosa veciñanza, -destacou o rexedor- e seguir con esa liña de investimento naquelas infraestruturas que melloran a súa calidade de vida; e posibilítanos ao tempo seguir apostando polo dinamización e activación social no municipio, incidindo en áreas como a cultura, a educación, os Servizos Sociais ou o Deporte. 

O rexedor destacou, así mesmo, que esta política responsable permite que o Concello sexa autosufieciente, é dicir, “non temos que recorrer a fontes de financiación externa”.

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa