Facenda
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PRESENTA UN ORZAMENTO PARA 2018 NIVELADO EN GASTOS E INGRESOS E QUE ASCENDE A 7.075.028,97 EUROS

                     

  • As cifras foron expostas á Corporación Municipal na Comisión de Facenda que tivo lugar no día de hoxe
  •  
  • Villares destacou a partida de investimentos reais de preto dun millón de euros “para seguir a traballar por achegar aos nosos veciños aqueles servizos esenciais que melloran a súa calidade de vida; como a renovación da rede de abastecemento ou o saneamento á zona rural”
  •  
  • O rexedor tamén apuntou que aproximadamente o 40% do orzamento vai dirixido á partida de gastos de persoal “froito da aposta do grupo de Goberno por ofrecer aos nosos veciños servizos maioritariamente  públicos, xestionados dende o propio Concello”

O Concello de Cervo, a través do alcalde, Alfonso Villares e da edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentou os orzamentos do 2018 a toda a Corporación Municipal durante a Comisión de Facenda, que tivo lugar no día de hoxe.

Tal e como apuntou Villares, trátase dunha cifra nivelada entre os ingresos e gastos que ascende a 7.075.028,97 euros.

O rexedor destacou a partida dirixida a gastos de persoal, por exemplo, que é de 2.858.313,51 euros; aproximadamente un 40% do orzamento,  “o que é boa mostra da aposta deste equipo de Goberno por ofrecer aos nosos veciños servizos maioritariamente públicos, xestionados integramente dende o propio Concello”

Villares resaltou así mesmo o apartado de investimentos reais; ao que tamén diriximos unha contía importante que ascende a case un millón de euros “porque a nosa intención é seguir esa liña que vimos marcando nestes últimos anos co fin de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, investindo naquelas infraestruturas esenciais que moitas veces non se ven, como as melloras na rede de abastecemento ou o achegarmento do saneamento aos núcleos rurais; dotándoos de servizos de calidade para os seus habitantes, e coas que tamén tentamos favorecer o asentamento de nova poboación nas nosas aldeas”.

Seguimos así mesmo –engadiu- apostando pola dinamización e activación social no noso municipio, dirixindo unha aportación importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación, a cultura, os servizos sociais ou mesmo o turismo, no noso municipio.

Pretendemos polo tanto con estes orzamentos que vimos de presentar proseguir ese camiño inversor que vimos marcando dende vai anos, prestando especial atención a dar resposta ás necesidades e demandas dos nosos veciños.

 

Avaliación dos ingresos

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

6.904.565,35 €

1. IMPOSTOS DIRECTOS.

2.978.394,36 €

2. IMPOSTOS INDIRECTOS.

40.000,00 €

3. TAXAS E OUTROS INGRESOS

2.416.684,37 €

4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES

1.454.604,33 €

5. INGRESOS PATRIMONIAIS

14.882,29 €

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL

170.463,62 €

6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS

0,00 €

7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

170.463,62 €

8. ACTIVOS FINANCIEIROS

0,00 €

9. PASIVOS FINANCIEROS

0,00 €

TOTAL

7.075.028,97 €

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avaliación de gastos

A) OPERACIÓNS CORRENTES.

5.872.403,65 €

I. GASTOS DE PERSOAL

2.858.313,51 €

II. GASTOS BENS CORRENTES E SERV.

2.570.910,14 €

III. XUROS.

9.000,00 €

IV. TRANSFERENZAS CORRENTES.

349.180,00 €

V. FONDO CONTINXENCIA

85.000,00 €

B) OPERACIÓNS DE CAPITAL.

1.202.625,32 €

VI. INVESTIMENTOS REAIS.

936.463,62 €

VII. TRANSFERENZAS DE CAPITAL

0,00 €

VIII. ACTIVOS FINANCIEIROS

0,00 €

IX.  PASIVOS FINANCIEIROS

266.161,70 €

TOTAL

7.075.028,97 €

                                                     

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa