Facenda
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRA MAÑÁ XOVES ÁS 20:00 HORAS O SEU PLENO ORDINARIO

 

  • Entre os puntos da orde do día destaca a adhesión á Declaración de Sevilla: o compromiso das cidades pola economía circular
  • O obxectivo desta Declaración é desenvolver un modelo económico que peche o círculo do deseño, a produción, o consumo e a xestión de residuos, para favorecer a transformación cara unha Europa ecolóxica, circular e competitiva

O Concello de Cervo celebra mañá xoves o seu pleno ordinario, ás 20:00 horas.

Entre os puntos da orde do día, destaca subscribir a Declaración de Sevilla: o Compromiso das Cidades pola Economía Circular.

Neste senso, o alcalde de Cervo recordou que “o pasado 15 de marzo celebrouse na capital andaluza unha xornada sobre Economía Circular, organizada pola FEMP, na que tiven a oportunidade de participar como Presidente da Comisión de Medio Ambiente deste organismo. Nesta xornada aprobouse esa Declaración de Sevilla, que responde a un paquete de iniciativas que a Comisión Europea e o Parlamento Europeo xa aprobaron para desenvolver un novo modelo económico que peche o círculo de deseño, a produción, o consumo e a xestión de residuos, para favorecer a transformación cara unha Europa ecolóxica, circular e competitiva”.

Neste senso a Declaración de Sevilla resalta o importante papel que debemos desempeñar tamén dende os pobos e as cidades na implantación do novo modelo que representa a economía circular, baseada na revalorización dos residuos, na preservación dos recursos, tendendo cara ao verquido cero.

A declaración de Sevilla sustentase sobre 10 piares fundamentais; entre eles: o de promover un modelo de desenvolvemento urbano sustentable, incrementando os nosos esforzos por reducir os impactos ambientais, climáticos e sobre a saúde, desevolvendo estratexias globais en favor da economía circular que favorezan o verquido cero, a reciclaxe, a redución de desperdicios, o fomento da reutilización; mellorando a concienciación, a sensibilización e a participación dos nosos veiños e veciñas nas accións de impulso dunha economía circular, convertíndoos en usuarios responsables.

Agardo pois -engadiu o rexedor- o compromiso de toda a Corporación e que refrenden esta iniciativa que vai en consonancia coa política medio ambiental sobre a que levamos xa tempo traballando, e na que incidimos na concienciación e no respecto ambiental, para poder deixarlles ás novas xeracións un mundo mellor.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa