Facenda
« Atrás

25/04/17. OS PROVEDORES DO CONCELLO DE CERVO COBRARON AS FACTURAS NUNHA SEMANA DE MEDIA, NO ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2016

 

 

Ademais, a débeda viva pasou a ser do 23,02 no 2016, baixando en 8 puntos a rexistrada no exercicio anterior, “o que é mostra da seriedade e rigor económico deste Concello”, tal e como sinalou Villares

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, presentou esta mañá o informe de intervención e tesourería sobre o período medio de pagamento a provedores e morosidade do último trimestre de 2016.

Tal e como sinalou Villares, deste documento despréndese “que o período medio de pagamento foi de -22,51 días, é dicir, que o Concello de Cervo abonou as súas facturas nunha media de 7,49 días, en pouco máis dunha semana dende que a factura foi rexistrada en dependencias municipais”.

Deste xeito, podemos dicir que non só estamos cumprindo o que marca lei, que fixa un prazo máximo de 30 días dende a entrada da factura para aprobala, e outros 30 días para pagala, senón que ademais “estase a axilizar ese pagamento, reducíndoo o mínimo, porque en pouco máis de 7 días de media, aprobamos e abonamos o cargo, acadando así un tempo récord tamén no noso histórico de datos, o que é mostra da seriedade e do rigor económico do Concello, o que entendemos que é positivo tamén para o tecido comercial e empresarial, e que contribúe a reforzar unha confianza que se ve avalada por estas cifras”.

Ademais, o rexedor tamén indicou que dende o Concello estamos a dar cumprimento con creces ao ratio de débeda viva, “que se situou no 2016 no 23,02%, amplamente inferior ao 110% de máximo, que fixa a lei. Estes datos confirman unha tendencia moi positiva neste eido, porque conseguimos rebaixar en máis de oito puntos as cifras do ano 2015, fixadas no 31,47%, e en case o 130% os datos rexistrados no 1999, cando asumimos o Goberno e o ratio de débeda viva se situaba no 150,88%.

Son polo tanto cifras que nos animan a seguir a traballar no camiño da eficiencia e a seriedade á hora de xestionar os recursos de tódolos cervenses, e poder destinar cada vez máis fondos municipais a materializar proxectos cos que seguir a dar resposta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas.  

O rexedor recordou que o Concello de Cervo presenta unha contas saneadas, en positivo, cun superávit de 627.313,20 euros, en base á liquidación do ano 2016.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa