Facenda
« Atrás

28/07/2016. O alcalde oparticipou como vicepresidente primeiro da FEGAMP nunha reunión da FEMP celebrada hoxe en Madrid na que se aprobaron as contas do pasado ano, que ascenderon a 17,5 millóns de euros.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, como vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), participou hoxe en Madrid nunha reunión extraordinaria do consello territorial da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), na que se aprobaron as contas xerais do pasado ano, que ascenderon a 17´5 millóns de euros.
Alfonso Villares explicou que “hoxe tivo lugar en Madrid unha reunión extraordinaria do consello territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Nese organismo representando á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) estamos o presidente e eu, como vicepresidente primeiro”.
O rexedor cervense detallou que “foi unha xuntanza do consello territorial onde o tema que se tratou basicamente foi a aprobación das contas xerais desta Federación do pasado ano 2015”.
Villares subliñou que “estas contas andan polos 17´5 millóns de euros, que é o diñeiro que manexa o municipalismo en España para levar adiante distintas accións que redundan en beneficio dos cidadáns de todos os concellos do noso país”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa