Facenda
« Atrás

28/07/2016. O Concello de Cervo presenta a aprobación no pleno ordinario de hoxe os festivos locais para o 2017 e os informes de intervención do segundo trimestre deste ano para o ministerio de hacienda e a conselleria de facenda

Os festivos locais para o ano 2017, o Martes de Antroido e o día de San Roque, é un dos asuntos que se abordarán no pleno ordinario da corporación municipal de Cervo que se celebrou hoxe a partir das 20:00 horas. Nesta sesión tamén se presentou a aprobación os informes de Intervención do segundo trimestre deste ano que deben remitirse ao Ministerio de Hacienda e á Consellería de Facenda.
O alcalde, Alfonso Villares, salienta que se trata “dunha sesión ordinaria na que entre os puntos da orde do día están a aprobación dos festivos locais para o 2017, que este ano van ser o Martes de Antroido, que é o 23 de febreiro, e o 16 de agosto, que é o día de San Roque”.
O rexedor cervense engade que “tamén se presentaron distintos informes que hai que enviar tanto ao Ministerio de Haciencia como á Consellería de Facenda, informes de distintas magnitudes orzamentarias. Por unha parte, dar conta das obrigas trimestrais de subministro de información das entidades locais por parte da Intervención con respecto ao segundo trimestre deste exercicio 2016; e dar tamén conta dun informe de Intervención sobre o período medio de pago a provedores tamén correspondente ao segundo trimestre deste ano 2016”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa