Facenda
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO NON EMITIRÁ RECIBOS ÁS PERSOAS USUARIAS DAQUELES SERVIZOS MUNICIPAIS QUE NON SE ESTEAN PRESTANDO A CAUSA DO COVID-19

Desde o 15 de marzo non se cobrarán as taxas da Escola Infantil Municipal, das Escolas Deportivas Municipais e da Piscina Municipal, que correspondan a este período de cese obrigado da prestación destas actividades

Os locais con terraza tamén estarán exentos de abonar o canon por ocupación destes espazos públicos, ata que poidan normalizar a súa actividade

A Administración local determinou flexibilizar o pago de todos os servizos municipais; así a veciñanza terá a posibilidade de aprazalo ata en catro meses, sen ningún tipo de recargo

O Concello de Cervo non emitirá recibos ás persoas usuarias daqueles servizos municipais que non se estean prestando a causa do coronavirus.

Deste xeito, desde o 15 de marzo non se cobrarán as taxas  da Escola Infantil Municipal, das Escolas Deportivas Municipais e da Piscina Municipal que correspondan a este período de cese obrigado da actividade.

Así mesmo, outra das medidas que se adoptou é a eliminación da taxa de terraza desde ese mesmo 15 de marzo e ata que estes negocios poidan normalizar a súa actividade.

Ademais, aprobouse a flexibilización do pago dos canons de todos os servizos municipais que se prestan de xeito directo. Deste xeito, a veciñanza terá a posibilidade de aprazalo ata en catro meses, sen ningún tipo de recargo, e sen ter que comunicalo en dependencias municipais.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa