EMPREGO E ORIENTACIÓN LABORAL EMPREGO E ORIENTACIÓN LABORAL

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo presta un servizo gratuíto de información e asesoramento a desempregados, emprendedores e empresarios.

O obxectivo xeral do técnico local de emprego é colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e a inserción laboral.

As actividades que se realizan e os servizos que se prestan son os seguintes:

  • Servizos de fomento do emprego e de inserción laboral
    • Servizo de información laboral, proporcionando información de interese sobre o mercado laboral.
    • Servizo de intermediación laboral con dispoñibilidade de Bolsa de Emprego.
    • Servizo de orientación e asesoramento laboral.
    • Servizo de formación para o emprego, que ten como obxectivo prioritario a mellora da cualificación e das posibilidades de empregabilidade dos seus destinatarios. Neste senso, póñense en marcha diversos programas de emprego e formación tales como os cursos AFD e os obradoiros de emprego subvencionados pola Consellería de Traballo
  • Servizos de apoio ao autoemprego
    • Accións destinadas a fomentar a cultura emprendedora.
    • Servizo de asesoramento, que proporciona apoio no proceso de realización do plan de empresa e a análise da súa viabilidade técnica, comercial, económica e financeira.
    • Servizo de tramitación, que consiste en dar apoio á xestión das tarefas necesarias para a realización dos trámites de constitución e posta en marcha.
    • Servizo de información e tramitación sobre axudas e subvencións ás que poidan ter dereito os emprendedores. 
  • Servizo de apoio á empresa
    • Servizo de acompañamento técnico aos promotores/as nas primeiras etapas do funcionamento.
    • Servizo de asesoramento en materia de axudas e subvencións á contratación, ampliacións de capital, mellora competitiva…
    • Servizo de colaboración na formación empresarial encamiñada a mellorar as competencias persoais no ámbito das habilidades directivas e da xestión empresarial en xeral.
    • Servizo de apoio á cooperación, que consiste en promover e facilitar a colaboración entre as empresas do territorio no marco dunha estratexia de competitividade conxunta.
    • Servizo de asesoramento para a contratación que ten como obxectivo facilitar os procesos de contratación de persoal ás empresas.

Ligazóns de interese:

http://app.igape.es/.axudas/

http://www.autonomosgalicia.org/

http://bicgalicia.org

Persoa tecleando nun ordenador nunha oficina
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa