
- Emprego e Orientación Laboral
- A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, presta un servizo gratuito de información e asesoramento a desempregados, emprendedores e empresarios. Entre as actividades que se realizan destacan os servizos de fomento do emprego e de inserción laboral, apoio o autoemprego e apoio a empresa.
- Polígono Empresarial de Cuiña
- O Polígono Empresarial de Cuiña conta cunha superficie total de 528.570 m². Entra neste espazo e visualiza nun plano os diferentes tipos de superficies cos que conta este polígono industrial.
- Cervo Empresarial
- Un dos factores máis relevantes de Cervo é a súa diversificación da base económica, onde destaca a súa zona costeira industrializada, turística e activa, fronte a unha zona interior claramente agrícola e gandeira. Actualmente no Concello de Cervo a principal industria é a empresa productora de aluminio ALCOA EUROPE xunto coa Cerámica de SARGADELOS, sendo esta un referente da cerámica máis alá das nosas fronteiras. Completa este Cervo empresarial o sector acuícola asentado no Polígono Industrial de Cuiña xunto con outras empresas que forman parte desta zona empresarial.
- Estructura Económica
- O sector económico máis importante é o industrial. Cabe destacar a productora de aluminio ALCOA, onde traballan sobre unhas 1.200 persoas, así como o cinto industrial que se creou entorno a esta, cunhas empresas auxiliares que dan traballo entorno a unhas 600 persoas. A Cerámica de Sargadelos supuxo unha alta incorporación de mulleres no mercado do traballo, mentras que no sector servizos destaca o sector da hostalaría e restauración como principal actividade.
- Nivel de implantación das políticas activas de emprego
- As políticas activas de emprego neste concello están basadas nos sistemas de intermediación no mercado de traballo, na formación ocupacional, asi como na creación de emprego. O Concello de Cervo conta cunha bolsa de emprego onde tamén se prestan servizos de asesoramento e orientación. Por outra banda prográmanse cursos de formación ocupacional para adecuar a formación dos desempregados coa demanda de formación das empresas instaladas no municipio.
- Novas
- Entra aquí e coñece a actualidade de emprego do noso concello, consulta as actividades, eventos, novas, programacións e ofertas de emprego deseñadas para todos vos.