Publicador personalizado
« Atrás

O REXEDOR, ALFONSO VILLARES, E O EDIL DE DEPORTES, DAVID RODRÍGUEZ, RECIBIRON A NACHO FERNÁNDEZ NO CONCELLO PARA FELICITALO POLO GALEGO DE BILLAR QUE VÉN DE CONSEGUIR E POLA TERCEIRA PRAZA ACADADA NO NACIONAL

O cervense, de 17 anos, pertence á sección de billar do Club Deportivo San Ciprián

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, recibiron este mediodía no Concello a Nacho Fernández, veciño do municipio e recentemente proclamado campión Galego Júnior de Billar Pool na categoría bola 8, en Padrón; e terceiro no Nacional Júnior deste deporte na Categoría Bola 9, en Teo (onde acadou o podio a pesar de que era a primeira vez que desputaba unha competición deste nivel).

Nacho estivo acompañado polo responsable deportivo do club Deportivo San Ciprián, Juan Carlos Billar, entidade á que pertence.

Villares e Rodríguez quixeron felicitar ao rapaz por estes dous títulos tan importantes, e sobre todo pola súa capacidade de esforzo e sacrificio, que son “a base principal para poder chegar a conseguir logros como este no mundo do deporte”.

Nacho iniciouse no mundo do billar vai dous anos e medio grazas ao seu tío, que tamén practica este deporte; e combina os estudos cos adestramentos, tentando dedicarlle o máximo tempo posible, un mínimo de 8 horas á semana.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa