Publicador personalizado
« Atrás

O 2 DE XULLO COMEZA A NOVA EDICIÓN DAS NOITES ALTERNATIVAS DO CONCELLO DE CERVO

As actividades ábrense o martes con volei praia na praia do Torno; as inscricións faranse ese mesmo día a partir das 20:30.

  • Nos meses de xullo e agosto haberá tamén ruta de kaiaks, noite do patín, fútbol praia, basket 3x3, noite de orientación, fútbol 3x3 ou pádel, entre outras actividades pensadas para rapaces a partir dos 8 anos de idade

O Concello de Cervo presenta unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 2 de xullo. Esta mañá os concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés fixéronlle entrega dos dípticos informativos aos rapaces e rapazas do instituto.

O volei praia, na praia do Torno, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00  horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.

As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.

Segundo indica o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “volvemos deseñar un calendario deportivo amplo e con actividades moi diferentes, pensadas como alternativa de ocio para os rapaces e rapazas durante a tempada estival; co obxectivo de que, tamén nestes meses, desenvolvan hábitos de vida saudable, beneficiándose das bondades da actividade física en xeral.

Así, haberá fútbol praia, fútbol 3x3, rutas en kaiaks, volei praia, basket 3x3, pádel, unha noite do patín, noites de orientación e xogos.

As actividades desenvolveranse na praia do Torno, na zona do Porto, na Praza do Souto, de Cervo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, e nas instalacións do complexo deportivo da Veiga.

Todas as actividades son de balde, e fixaranse diferentes categorías a partir dos 8 anos (sub 10, sub 12, sub 15, sub 17 e Sénior).

Villares anima a toda a mocidade a que participen nas actividades, a que aproveiten o bo tempo para facer deporte ao aire libre, compartindo tempo de lecer con outros compañeiros e compañeiras.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa