
BOWL SKATE
Situación: Parque Reina Sofía, San Ciprián (detrás da Casa do Mar)
O bowl Skate (bañeira de patinaxe) foi inaugurado o 9 de agosto de 2018. A instalación deportiva, que aporta modernidade e dinamismo ao centro da vila, é das poucas homologadas que hai en Galicia para este tipo de competicións e, a día de hoxe, a única na Mariña destas características.
O Concello de Cervo organizou no día da súa estrea unha exhibición de skate aberta ao público que contou coa participación de Danny León, campión de España e considerado dos mellores do mundo nesta disciplina; e Yago Domínguez e Cosme Portuondo, tamén moi recoñecidos a nivel nacional.
SKATE PARK
Enderezo:
Avda da Veiga s/n
27890 San Ciprián
Superficie pista: 510 m²
Dimensións: 10 m de ancho por 20 m de largo
Conta con diferentes tipos de ramplas: smooth bank, rail, spine, fun box, trick box…
7º 26' 32.49''W
43º 41' 32.73''N