introdución introdución

A Delegación de Cultura traballa coa finalidade de ofrecer á cidadanía actividades culturais de calidade ao longo de todo o ano.

As diferentes salas de exposicións, auditorios e centros socioculturais acollen as obras de todos os artistas que desexan expresar a súa arte.

Cabe destacar que a programación cultural pódese consultar ben sexa a través da rede (web, redes sociais), medios de comunicación (prensa, radio), ou a través das das diferentes publicacións que edita o Concello de Cervo de forma periódica. Neste sentido destacan os Pasatempos, uns folletos que inclúen as actividades que pon en marcha o Concello pero tamén as asociacións do municipio, que chegan de forma trimestral a todos os fogares de Cervo.

Variadas actividades realízanse no transcurso do ano: exposicións, conferencias, presentacións, musicais, representacións teatrais… sen dúbida todas elas axudan a manter viva a nosa cultura e tradición, fomentan a creatividade, a participación, a convivencia e o encontro de veciños e veciñas.

O Concello de Cervo conta cun gran número de entidades socioculturais: asociacións culturais, veciñais, de mulleres, deportivas, de montes e de pais e nais de alumnos dos distintos centros escolares. Todas elas están presentes no traballo diario e na vida do municipio.

OBXECTIVOS:

  • Xerar encontros, diálogos e intercambios no ámbito da cultura.
  • Promover accións compartidas para o coñecemento mutuo dos cidadáns.
  • Estimular a creatividade e fomentar a identidade e o respecto pola diversidade cultural.
  • Fomentar o acceso dos cidadáns á cultura e aos servizos culturais.
  • Potenciar o protagonismo das asociacións nas actividades.
  • Estreitar os vínculos entre educación e cultura.
  • Promover o asociacionismo local.
  • Involucrar aos veciños nas actividades culturais para lograr un maior nivel de implicación e compromiso.

 

Contacto:

982 557 777 (Concello)

info@concellodecervo.com

982 595 157 (Casa de Cultura)

casadacultura@concellodecervo.com

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa