NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE INAUGUROU ESTE XOVES A EXPOSICIÓN “AUGA. O SANGUE DA TERRA” DE MANUEL VALCÁRCEL N

A Casa da Cultura albergará esta exposición desde o día 20 de febreiro ata o 22 de marzo

  • A exposición é froito dun convenio cultural con ABANCA, que se enmcarca no proxecto Corrente Cultural de Afundación, Obra Social Abanca

O alcade de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés inauguraron este xoves a exposición “Auga. O sangue da terra” de Manuel Valcárcel na Casa da Cultura de San Ciprián. Neste día de estrea o autor levou a cabo unha visita guiada a través dos cadros expostos.

Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9:00 a 14:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres.

A exposición itinerante enmárcase no proxecto Corrente Cultural de Afundación, Obra social de Abanca.

Villares destacou o valor que teñen este tipo de colaboracións entre organismos, xa que “como prestación deste acordo imos poder contar no noso Concello cun ambicioso proxecto de concienciación medioambiental, que vai en consonancia coa política de racionalización dos recursos naturais que xoga un papel fundamental na nosa acción de goberno”.

Pola súa banda, Caramés recordou que “pretendemos que as salas de mostras municipais estean vivas os 365 días do ano” e recordou, que  “as instalacións públicas están sempre a disposición para a divulgación de calquera iniciativa cultural”. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa