NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO, XUNTO COA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS TERRAMAR, ORGANIZA UNHA PROGRAMACIÓN PA

 O CONCELLO DE CERVO, XUNTO COA ASOCIACIÓN DE XUBILADOS TERRAMAR,  ORGANIZA UNHA PROGRAMACIÓN PARA CONCIENCIAR E APRENDER SOBRE O ALZHEIMER

  • O programa impartido pola terapeuta ocupacional Reyes Quelle, inclúe unhas xornadas dedicadas á enfermidade e un conxunto de actividades dedicadas ao envellecemento activo
  • O vindeiro mércores ás 17:00H haberá unha charla informativa no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián

Cervo, 24 de setembro de 2021. O Concello de Cervo, a través da delegación de servicios sociais en colaboración coa Asociación de xubilados Terramar,  prepara unha programación en conmemoración do Día do Alzheimer, que foi o pasado 21 de setembro.

A actividade principal do programa consistirá nunhas xornadas dedicadas á enfermidade que terán lugar en San Ciprián e en Cervo. Nestes coloquios interactivos, dirixidos pola terapeuta ocupacional Reyes Quelle, faranse exposicións teóricas das particularidades do Alzheimer  e impartiranse consellos prácticos sobre como afrontar este trastorno neurocognitivo.

Outra das actividades será un programa de envellecemento activo, no que se levará a cabo un traballo tanto psicolóxico como físico con todas as persoas que se apunten. Tanto as xornadas como as actividades de envellecemento activo teñen previsto iniciarse no mes de outubro e prolongaranse ata finais de ano.

Durante a realización do programa colocaranse dúas caixas de correos – unha na casa da cultura de San Ciprián e a outra será itinerante polo resto do Concello- que servirán para presentar dúbidas da enfermidade tanto para usuarios como para coidadores.

Ao final das actividades, farase unha exposición fotográfica onde se poderá ver todo o traballo realizado durante o transcurso de todo o programa.

Para Pilar Armada “é importante dotar á xente de ferramentas que lles permitan coñecer esta enfermidade e o xeito de actuar ao convivir con ela”. A concelleira de Servicios Sociais anima á xente a asistir á xornada informativa do próximo mércores ás 17H na Casa da Cultura para resolver todo tipo de dúbidas sobre o contido do programa.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa