NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REUNIU Á VECIÑANZA DA URBANIZACIÓN VÍA LÁCTEA DE RÍO COBO PARA VER IN SITU

No encontro participaron o rexedor, a tenente alcalde, a edil de Obras, e os técnicos que dirixen a actuación que supón un orzamento de case 50.000 euros

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, respectivamente, desprazáronse ata Río Cobo, para manter un encontro coa veciñanza da urbanización Vía Láctea, onde se está a executar unha obra cuxo orzamento está próximo aos 50.000 euros.

Tal e como lles explicou Villares, con esta actuación buscamos “mellorar a accesibilidade e a seguridade na zona”; contemplamos “a renovación parcial da rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais- e a execución de novas beirarrúas, mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns”

Durante a reunión, na que participaron tamén os técnicos responsables da obra, fíxose un percorrido por toda a zona afectada pola actuación –que xa se está a executar- e que suporá unha mellora importante para toda esta zona residencial do municipio.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa