NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UNHA ANDAINA POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO DE MAMA O VIN

 O  CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UNHA ANDAINA POLO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO DE MAMA O VINDEIRO MARTES 19 DE OUTUBRO

 

 

  • A saída terá lugar na Casa da Cultura de San Ciprián

 

  • Antes ás, 17:30h, haberá unha charla impartida por María Eugenia Rodríguez Barreiro, Supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela

 

 

Cervo, 14 de outubro de 2021.- O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama.

 

Ás 17:30H a Supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

 

A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.

 

Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa