NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVISTE PRETO DE 50.000 EUROS PARA MELLORAR A RÚA DOS CAMPOS EN SAN CIPRIÁN

O rexedor, a tenente-alcalde e a edil de obras supervisaron a actuación executada na zona

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata San Ciprián, para supervisar a actuación de mellora do firme da Rúa dos Campos, no centro da vila.

Tal e como explicaron, a actuación, que abrangue unha superficie de 1500 metros cadrados, supón un orzamento de preto de 50.000 euros-47.198 euros concretamente- financiados integramente con fondos municipais e responde ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa