NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO HOMENAXEOU Á SÚA POLICÍA LOCAL

 

A corporación municipal homenaxeou no pleno extraordinario celebrado esta semana, á policía local do Concello de Cervo, María Concepción Trelles Dorado, polos seus 32 anos de servizo neste municipio.

No acto, fixéronlle entrega do distintivo de permanencia no servizo que outorga a Xunta de Galicia, “polo seu desempeño profesional  e pola súa dedicación ao servizo policial”.

O rexedor, Alfonso Villares, quixo darlle os parabéns por todos estes anos de servizo e agradecerlle a súa implicación, dedicación e profesionalidade en todo este tempo; e por velar polo cumprimento das distintas condicións da convivencia no noso municipio.

Grazas Conchita, por estar e seguir estando ao servizo da veciñanza!

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa