NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO EXIMIRÁ TAMÉN AO PEQUENO COMERCIO DE PAGAR AS TAXAS DE AUGA, LIXO E SANEAME

Beneficiaranse da medida, que suporá un aforro de entre 200 e 600 euros, medio cento de establecementos

A aplicación destas medidas implica a modificación das distintas ordenanzas municipais que se incluirá na orde do día do próximo pleno ordinario

O Concello de Cervo eximirá ao pequeno comercio  do pago recibos da auga, do lixo e do saneamento durante 6 meses, a contar desde o mes de xullo “coincidindo co período, por norma xeral, de maior consumo”.

Así o anunciaron hoxe o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, que precisaron que a medida, que suporá un aforro de entre 200 e 600 euros en función da actividade que se desempeñe, beneficiará a medio cento de emprendedores do municipio”.

Villares e Caramés recoñeceron que levan tempo traballando en coordinación co servizo de tesourería e recadación para poder facer extensible a supresión da taxas, que inicialmente só se ía aplicar ao sector hostaleiro, a todo o pequeno comercio; “e hoxe podemos garantir que a exención, que implica unha modificación das distintas ordenanzas municipais, será unha realidade no verán”, e incluirase xa na orde do día do próximo pleno ordinario que se celebrará neste mes de abril.

O rexedor e a edil  gabaron a profesionalidade dos pequenos empresarios que se foron adaptando a todas as medidas de prevención e seguridade que se foron aplicando para frear o avance do COVID-19 que golpeou fortemente a súa actividade e minou notablemente os seus ingresos; tentando contribuír así ao impulso dunha actividade  económica que é fundamental no noso municipio”.

Por esixencias normativas, a partir do mes de xullo e con carácter bimensual, emitiranse recibos por un valor absolutamente simbólico de ao redor dun euro; á marxe do canon autonómico da auga.

A medida súmase ao plan de reactivación económica e social dirixido a todas as persoas autónomas do Concello que se puxo en marcha no pasado exercicio.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa