NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ESTÁ A RENOVAR A REDE DE SANEAMENTO DA PONTE DE LIEIRO

 O  CONCELLO DE CERVO ESTÁ A RENOVAR A REDE DE SANEAMENTO DA PONTE DE LIEIRO

 

  • O orzamento da obra ascende a un total de  47.651 euros

 

§  Substituirase a rede de saneamento actual e renovaranse os tramos de pavimento afectados pola actuación

 

                           

Cervo, 21 de decembro de 2021.-  O Concello de Cervo está a renovar a rede de saneamento na zona da ponte de Lieiro.

 

O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez e a concelleira de medio ambiente, Mali Méndez, desprazáronse ata a zona de actuación para supervisar as labores de reposición.

 

A obra pretende substituir a actual rede de saneamento, que é unha infraestrutura onde non se diferencian as augas residuais e pluviais, por unha que diferencie as canalizacións. Deste xeito evitarase que as augas pluviais discorran tamén ata a depuradora, reducindo os custos e favorecendo notablemente o rendemento da mesma. Ademais, renovaranse os tramos de pavimento afectados pola obra.

 

O orzamento desta actuación ascende a 47.651 euros, financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais.

 

Apunta o rexedor Alfonso Villares: “decidimos tomar a decisión de renovar a rede de canalizacións de saneamento da ponte de Lieiro, xunto cos técnicos municipais, porque que nos vai permitir establecer un novo equipamento que logre diferenciar o tipo de augas, conseguindo unha maior eficiencia de recursos e reducindo os custos totais de xeito notable”.

 

Engade o alcalde que “esta actuación dará un ofrecerá unha mellora substancial na calidade de vida da nosa veciñanza e permitirá renovar unha infraestrutura indispensable no día a día”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa