NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO COMEZA O PRÓXIMO MES DE NOVEMBRO UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA QUE

 O CONCELLO DE CERVO COMEZA O PRÓXIMO MES DE NOVEMBRO UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA QUE IMPARTE POLAS DIFERENTES PARROQUIAS

 

  • Será preciso un mínimo de 6 alumnos ou alumnas para a celebración do taller en cada parroquia
  • Debido ás condicións sanitarias as sesións levaranse a cabo unha vez por semana
  • Pódense apuntar a través do teléfono 982 59 51 57 ou na Casa da Cultura de San Ciprián

 

Cervo, 22 de Outubro de 2021.- O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano – a excepción do anterior debido á pandemia - a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña.

Ao longo deste curso  trabállanse técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións neurocognitivas.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria; contribuíndo a mellorar o seu estado de ánimo, a súa autoestima, fomentando as relación sociais…; en definitiva, tentando mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Para ser impartidas, as clases deberán ter un mínimo de seis alumnos ou alumnas. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia, as sesións estarán limitadas a unha por grupo á semana. Os interesados e interesadas pódense apuntar na Casa da Cultura de San Ciprián ou no número de teléfono 982 59 51 57.

Villares e Pilar Armada, delegada de Servicios Sociais, animan a todos eses veciños que aínda non participan no taller de memoria a que se sumen á actividade que é moi positiva en todos os aspectos. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa