NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLO FUTURO INDUSTRIAL DA MARIÑA ESTE DOMI

 O  CONCELLO DE CERVO APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLO FUTURO INDUSTRIAL DA MARIÑA ESTE DOMINGO EN VIVEIRO

 

 

  • Alfonso Villares: “queremos mostrar o noso apoio aos traballadores e traballadoras, como xa vimos facendo desde hai dous anos cando se iniciou o proceso de despedimentos en Alcoa, en todas as manifestacións que se levaron a cabo ata o momento”

 

 

Cervo, 14 de outubro de 2021.- O Concello de Cervo quere facer público o seu apoio á manifestación convocada polos sindicatos neste próximo domingo 17 de outubro ás 12H en Viveiro.

 

O alcalde Alfonso Villares indica que desde todo o equipo de goberno “queremos mostrar o noso apoio aos traballadores e traballadoras, como xa vimos facendo desde hai dous anos cando se iniciou o proceso de despedimentos en Alcoa, en todas as manifestacións que se levaron a cabo ata o momento”.

 

Para o rexedor cervense “estase a vivir momentos críticos na nosa comarca e temos que remar todos xuntos para conseguir un futuro industrial a longo prazo na Mariña. É de capital importancia aglutinar forzas para presentar unha fronte común que garanta os postos de traballo dos nosos veciños e veciñas”.

 

Por iso, desde o goberno municipal cervense, animamos asistir e participar na manifestación do domingo ás 12H que ten a saída na Cruz Vermella de Viveiro. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa