NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ANIMA A ASISTIR Á TRADICIONAL FESTA DA CANDELARIA, NA PARROQUIA DE RÚA

  • A cita será a fin de semana do 3, 4 e 5 de febreiro, mantendo a data orixinal tras ser aplazada o ano anterior pola pandemia

A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 3, 4 e 5 de febreiro.

A programación arranca o xoves 2 de febreiro, Día da Patroa, cunha misa solemne ás 12:30 horas e seguida da procesión.

O venres día 3, a partir das 23:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestas Fania Blanco Show e Los Coleguitas, seguida do DJ Conxuro na disco móbil Level Show.

O sábado, tamén ás 12:30 horas, terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e sesión vermouth a partir das 14:00 horas coa orquestra Trébol, que repetirá pola noite a partir das 23:00 horas xunto ao Grupo Beatriz. A noite rematará ao ritmo do DJ Litainer.

O domingo ás 13:00 horas darase a última misa solemne, cantada de novo polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e rematará a festa coa sesión vermouth a partir das 14:00 horas da man do Grupo Fénix.

O campo estará cuberto cunha gran carpa que permitirá gozar da festa e adaptarse ás posibles condicións meteorolóxicas.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron hoxe o cartel da programación co membro da comisión de festas, Xoel Carreiras.

Dende o Concello de Cervo convidan a todos os veciños da parroquia e do municipio á festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga durante todo o fin de semana, cun programa repleto de actos.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa