NOVAS NOVAS
« Atrás

O CEIP DE CERVO LOCE UNHA IMAXE COMPLETAMENTE RENOVADA LOGO DUN INVESTIMENTO DA XUNTA DE GALICI

O alcalde, Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, supervisaron a actuación de mellora integral das instalacións en compañía do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, do director do centro, Manuel Martínez e da Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde

Villares quixo agradecerlle á Administración autonómica que dera así resposta ás demandas municipais “priorizando esta actuación entre máis de 1000 centros de ensinanza de toda a Comunidade; xa que o noso CEIP foi un dos 22 colexios rehabilitados dentro do orzamento disposto de 21,5 millóns de euros”

O alcalde, Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, supervisaron este mediodía a actuación de mellora integral das instalacións do CEIP de Cervo, en compañía do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, do director do centro, Manuel Martínez e da Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde; que supuxeron un investimento da Xunta de Galicia próximo ao millón de euros.

Villares quixo agradecerlle á Administración autonómica “a súa resposta inmediata ás demandas municipais”, priorizando esta actuación en Cervo entre máis de 1000 centros de ensinanza de toda a comunidade; “xa que o noso CEIP foi un dos 22 colexios rehabilitados pola Xunta ao amparo dos fondos de superávit, por un importe total de 21,4 millóns de euros”; polo tanto –engadiu o rexedor- “non podemos máis que reiterar o noso agradecemento e considerarnos uns privilexiados” por poder contar hoxe, grazas a esa gran mobilización de cartos públicos, “cun centro moderno e completamente renovado”, o que garante tamén a continuidade no futuro deste colexio, cuxa inauguración data do ano 1983.

A obra de renovación integral supuxo actuacións na carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas), mellorouse o illamento das fachadas e executáronse traballos de albanelería; substituíronse as luminarias existentes por outras de baixo consumo e tecnoloxía LED. Ademais, realizáronse traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación de tabiques, pintado de aulas, novo sistema eléctrico). O proxecto tamén contemplou a instalación dun ascensor (ata o de agora non había) co que se incidiu na mellora da accesibilidade, e  reformas na instalación de climatización e a renovación dos aseos (pavimento antiescorregadizo con baldosa porcelánica, billas e aparatos); entre outras actuacións.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa