NOVAS NOVAS
« Atrás

BANDO: REABRE O MERCADO SEMANAL DE SAN CIPRIÁN

 

BANDO

Alfonso Villares Bermúdez, alcalde – presidente do Concello de Cervo, FAI SABER:

No momento actual as Administracións Central e Autonómica están a ditar diversas Ordes polas que se flexibilizan determinadas restricións sociais e determinadas condición de desenvolvemento da actividade do comercio polo  miudo das cales se autoriza a reapertura dos mercados non sedentarios e que contemplan as normas aplicables ás primeiras fases de desescalada da crise da COVID19 de volta á normalidade.

En concreto no relativo ás condicións de reapertura dos mercados, establécense limitacións relativas ás medidas de separación dos postos e cuestións relativas á limitación  de aforo.

Con este motivo e en aras de reactivación económica e social e normalización da vida do concello, a partir do vindeiro xoves 14 de maio de 2020, reabrirá ao público en xeral o mercado dos xoves na súa sección de produtos alimentarios prevendo a inclusión pouco a pouco do resto das seccións.

As persoas vendedoras estarán suxeitas a unha serie de normas de sanidade: levar máscara e/ou pantalla protectora, garantir 2 metros de distancia entre eles e os clientes, desinfectar e limpar frecuentemente a maquinaria empregada, poñer a disposición dos clientes luvas e líquido hidroxel, entre outras.

As persoas usuarias deberán garantir a separación, en todo momento, de 2 metros de distancia entre sí, deberán permanecer o menos posible no espazo do mercado, recomendándose o acceso ao mercado con máscara e luvas.

Será a Policía Local ou axentes da autoridade as persoas encargadas de vixiar que a partir do vindeiro xoves se cumpran estas condicións regulándoo se fose preciso.

O que se fai público para xeral coñecemento instando á máxima colaboración por parte das persoas vendedoras e persoas usuarias

O Alcalde

 

Alfonso Villares Bermúdez

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa